Reunión informativa para pais/nais e profesores sobre os talleres de tec&tea

Reunión informativa para pais/nais e profesores sobre os talleres de tec&tea
Lugar: CEIP Praia de Quenxe (Aula Biblioteca), Corcubión
Día e hora: Martes 13 de decembro ás 17:30h.

1. Que é tec&tea?
tec&tea é un proxecto para aprender cousas relacionadas coa tecnoloxía e fomentar o seu uso de maneira crítica e consciente. Para informarche de todos os detalles do proxecto: contido dos talleres, como e cando se van a realizar, que se vai a facer, quen os impartirá, ideas sobre o grupo de traballo e materiais específicos, etc, convocámosvos a todos os interesados a achegarvos á sesión informativa que terá lugar na Biblioteca do colexio Praia de Quenxe o martes 13 de decembro ás17:30h.
Esperámosvos!

2. Por que un proxecto sobre tecnoloxía?
Porque sabemos que hai moitas aprendizaxes que nos desbordan como pais e nais ou que quedan sempre fóra de temario no colexio. Como pais e nais conscientes comezamos este proxecto porque nos parece que a aprendizaxe sobre tecnoloxía queda moitas veces fóra de xogo.

3. A quen vai dirixido?
A nenxs: tec&tea propón ofrecer aos nenxs (9 a 12 anos) da nosa comunidade un maior coñecemento sobre a tecnoloxía a través dun ciclo de talleres sobre ferramentas técnicas acompañado dunha reflexión crítica sobre elas.
A Adultxs: tec&tea, ademais propón aos pais/nais e profesores que o desexen tamén participar. Cremos que achegarse á tecnoloxía e facerse un xuízo propio é necesario para guiar aos nosos fillos e ensinar ao noso alumnado. Por iso queremos convidar a que os adultos tamén nos impliquemos nestes talleres dando apoio cos contidos de reflexión. Queremos organizar un pequeno grupo de traballo mixto de pais/nais e profesores. Para formar parte non se necesitan coñecementos previos sobre o tema. A idea detrás é convidarnos a reflexionar en común para despois poder contarllo aos máis pequenos e aprender nós polo camiño.

tec&tea conta co apoio do ANPA ALÉN, do CEIP Praia de Quenxe e do Concello de Corcubión

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s